A xeito ando na compaña do río polo mesmo carreiro que atopara de neno. A sombra das árbores vérquese oblicua. A lúa esvara por entre as xunqueiras, a alumar a pedra silente e a agua que discorre. Nomes que xacuando pronunciei volven outra volta con acento descoñecido, e as imaxes xa imprecisas do que vira nos años, crúzanse por diante do meu paso, como as follas orfas que rodan para o terrén, camín dos artos ou dalgunha poza inclemente.
Canso, boto a andar cara ese brillo apegado a unha corrada achegada, mentres unhas nubres atristalladas van, a modo, enchendo o carreiro.



